Declaración de accesibilidade
O Ministerio de Sanidade comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018 ,do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.
A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web estilosdevidasaludable.sanidad.gob.es
Situación de cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018:
- No portal existen contidos en inglés cuxo idioma non se está a etiquetar correctamente.
- Poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web.
- Carga desproporcionada: Non aplica.
- O contido non se inclúe dentro do ámbito da lexislación aplicable: Poderían existir arquivos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade, aínda que se procurou que a maioría deles si o cumpran.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
A presente declaración foi preparada o 2 de decembro de 2022.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.
Última revisión da declaración: 11 de novembro de 2024.
Observacións e datos de contacto
- Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018), por exemplo:
- Informar de calquera posible incumprimento deste sitio web.
- Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relacionada coa accesibilidade do sitio web.
Para estas comunicacións, están dispoñibles estas canles de comunicación:
- Formulario de accesibilidade
- Oficina: Paseo del Prado, n.º 18-20 Planta baja, esquina C./ Lope de Vega 28014 Madrid.
-
Segundo o artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén se poderá presentar:
- Unha queixa polo cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
- Unha solicitude de información accesible sobre:
- Contidos que queden excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.
- Contido que estea exento do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.
Na solicitude de información accesible deberán especificarse claramente os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións do Ministerio de Sanidade, así como o resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común para as Administracións Públicas.
As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Subsecretaría do Ministerio de Sanidade.
Procedemento de aplicación
Se, unha vez formulada a solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos establecidos no artigo 12.5, o interesado poderá iniciar unha reclamación. Así mesmo, poderá iniciarse unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
A reclamación pódese presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións do Ministerio de Sanidade, así coma no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Ministerio de Sanidade.
Contido opcional
Este sitio web aplica os requisitos da Norma UNE-EN 301549:2022 considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018.
O portal Estilos de vida saudable, estilosdevidasaludable.sanidad.gob.es, realizouse utilizando XHTML 1.0 para a marcaxe de contido e follas de estilo CSS 3 para o deseño visual, evitándose na medida do posible utilizar tecnoloxías propietarias que condicionen o uso de determinados aparatos ou navegadores. Estes estándares garanten o acceso á información a través de calquera dispositivo de navegación que soporte as recomendacións do W3C.
Os estilos utilizados construíronse seguindo as recomendacións do consorcio W3C, para a versión 3 de follas de estilo en fervenza, e foron validados mediante a ferramenta de validación do código CSS que proporciona o consorcio, sen detectarse ningún erro.
Por outra parte, validouse o HTML dende o que se utilizan os distintos CSS, para comprobar que a árbore de análise utilizada é correcta. A análise realizouse mediante a ferramenta de validación do código HTML que proporciona o consorcio, sendo o resultado desta análise positiva.
En caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non soporte follas de estilo, o marcado estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, visualizaranse as páxinas sen ningún tipo de formato visual. O sitio web está deseñado para unha visualización adaptable, co que se pode ver de forma óptima nos dispositivos tablet e móbiles.